TEMPORADA (T2)
O Vagón (T2): O Vagón, con Mercedes Peón
Valoración de usuarios
Sinopsis
Cando lle tocaba soltar o pelo, ela optou por rapalo. Foi a voz da inesquecible melodía de 'Mareas Vivas'. Eran o rostro e o sorriso que cada semana nos traían a través da tele esa música e esa tradición que a ela mesma engaiolara con só 13 anos. Pero co cambio de século decidiu dar un xiro á súa carreira, que resoou coa mesma forza que o golpe dunha pedra contra un sacho. Máis tarde chegou a experimentación por territorios musicais polos que hoxe navegan algunhas das artistas galegas que copan as listas de reprodución, e que o fan, seguramente e en moi boa parte, grazas a ela. E despois chegou o cine, pero nunca deixou de experimentar e de facelo sempre desde unha perspectiva política, feminista e galega. Mercedes Peón, "artista de autoestima cultural", como lle gusta definirse a ela, é a protagonista deste 12º capítulo do programa de videopodcast O Vagón, que presenta o xornalista Luís Pardo e produce e realiza Nós Televisión, gravado no interior dun tren na Estación de Vedra.
Ver más
Info
Entretenimiento
España (2026)
Calificación
Episodios
- O Vagón, con Borja Iglesias (Próximamente)
- O Vagón, con Xosé A. Touriñán (Próximamente)
- O Vagón, con Carolina Iglesias
- O Vagón, con Olaia e Sabela Maneiro
- O Vagón, con Xabier Díaz
Equipo Técnico
Director
Nós Televisión